Presentación dos equipos do CB Airexa de Nigrán

Imprimir
airexa

Onte tarde o CB Airexa de Nigrán viviu xunto con pais, xogadores, equipo técnico e directiva unha xornada moi especial. Presentáronse todos os equipos do club e nenos da súa escola deportiva de Mallón do mesmo xeito que os nenos do Anxo de Garda, colexio co que colabora.


A velada comezou ás 19:30 cunha foto grupal, posteriormente o presentador Josiño amenizou a presentación individual e colectiva de cada equipo.
Unha vez terminada a presentación de todos os xogadores contouse coa colaboración do Club de Patinaxe Artístico CPA de Gondomar que realizou unha exhibición cunha posta en escena para todos os asistentes. Este club conta entre os seus patinadoras coa campioa galega e a súa compañeira que acaba de chegar do campionato europeo cun 5º posto debaixo do brazo.
A velada clausurouse cunha merienda ben merecida.