A Agrupación Deportiva Vincios acada 6 pódiums no zonal de Lalín de tenis mesa.

Imprimir
DSC 7388
DSC 7389
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Excelentes resultados os acadados esta pasada fin de semana polos xogadores e xogadoras da AD Vincios de Tenis de Mesa no Torneo Zonal de Lalín, clasificatorio para o Estatal de Valladolid do próximo mes de febreiro de 2015, competindo cos deportistas das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela-León. Tres subcampionatos, dous terceiros postos e un cuarto foron os pódiums conseguidos ademais de clasificar para a proba nacional a un total de 8 xogadores.


Os subcampións foron Anxo Iglesias en infantil, Martín Pintos en xuvenil e Samuel Pereiro na categoría absoluta. Andrés Torres e Natalia Fernández foron terceiros en infantil e Simón Casal cuarto en alevín. Ademais Luísa Pintos foi sexta en alevín feminino e Luís Güell oitavo tamén en alevín. Todos eles están clasificados para a proba nacional. Outros xogadores e xogadoras como Lucía Graña (9ª), Valentina Estévez (10ª), Rafa Otero (12º) ou David González deberán esperar aos ránkings de categorías para saber se o seu posto lles permite entrar no nacional.
Esta próxima fin de semana retómanse as ligas e o AD Vincios-Bade de división de honor feminina recibe o sábado ás 18 horas no ximnasio do IES Terra de Turonio ao equipo catalán do Autoescola Tatchepol Ripollet, nun encontro moi importante de cara ao obxectivo da permanencia na categoría de prata do tenis de mesa.