O CB Areixa comeza a súa tempada deportiva cunha parcería co Bosco Celta de Vigo.

Imprimir
cb areixa

A promoción do baloncesto medra en Nigrán. O CB Airexa comeza a súa tempada deportiva cunha parcería co Bosco Celta de Vigo para a xestión deportiva das categorías "baby", "benxamín" e "alevín", masculinas e femininas. Un acordo a tres bandas entre os devanditos clubs e o Concello de Nigrán asinada o pasado 19 de agosto permitirá fornecer o traballo formativo dos máis pequenos coa intervención dun equipo de adestradores do equipo vigués. Este acordo atenderá as competicións con equipos na modalidade "minibaloncesto". Ao mesmo tempo, os dez equipos das distintas categorías do CB Areixa comezaron as súas competicións na Copa Outono e Copa Galicia.


O resto da oferta deportiva do club estará a cargo de corpo técnico do CB Areixa que traballará coas categorías infantil, cadete e senior nas modalidades masculino e feminino, e a categoría junior feminino. Neste senso, o equipo de cadetes feminino acadou esta fin de semana a clasificación para a fase final da Liga Galega.
A actividade tamén se desenvolverá nos centros escolares de Nigrán con adestramentos no CPI de Panxón e o Pavillón de Panxón.
Xornadas no Pavillón de Panxón
Ademais o próximo 19 e 20 de setembro terá lugar no Pavillón de Panxón unhas xornadas de portas abertas para nenos e nenas de 6 a 18 años. Estas xornadas estarán orientadas a achegar esta modalidade deportiva, a todos aqueles que desexen iniciarse.