Máis de 40 cativos se inician nas técnicas do patinaxe nun campamento de verán en Gondomar.

Imprimir
patinaje2

Un total de 44 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 4 e 15 anos, participaron durante o mes de xuño no Campus de Verán de Patinaxe, organizada polo Club de Patinaxe Artística Gondomar coa colaboración do Concello. As clases, de 45 minutos dous días á semana e en horario de tarde, "serviron para que os nenos e nenas aprendesen as principais técnicas, saltos e figuras", explica David Figueroa, adestrador do Club Patinaxe Gondomar. O Campus de Patinaxe continúa durante este mes de xullo, nesta ocasión en horario de mañá, de 10.00 a 11.30 horas.

Club de Patinaxe Gondomar
O Club de Patinaxe Gondomar, formado por 9 rapazas e un rapaz, presentouse en sociedade o pasado mes de maio, nun acto que contou coa presenza do Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián e a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, mostrando así o seu apoio ao mozo club. Salgueiro recoñecía na presentación "a importante tradición que a patinaxe ten en Gondomar". Proba diso son o centenar de nenos e nenas que participaron durante o curso 2013/14 na escola municipal dedicada a este deporte.
O traballo e esforzo do club queda reflectido nos seus logros. A boa actuación realizada no Campionato de España de Patinaxe Artística -categoría xuvenil-, celebrado os pasado días 4 e 5 de xullo en Covelo, garantiu dúas prazas autonómicas para o campionato do próximo ano; ademais da posibilidade, para unha das patinadoras, de participar na Copa de Europa.
A próxima cita do club será o 12 de xullo no Campionato Autonómico de Patinaxe Artística que terá lugar en Santiago, con representación nas categorías cría e infantil.