Abertas as inscricións para o II Torneo de Fútbol Praia "Inter-Playas"

Imprimir
futbol-praia

A asociación Ocio y Playa e o Concello de Nigrán celebrarán o próximo fin de semana o II Torneo de Fútbol Praia "Inter-Prlayas" Nigrán-Sanxenxo, nas instalacións de Nigrán Area no areal de Panxón. O torneo contará con dúas categorías, nenos de entre 10 e 15 anos e de entre 16 e 25 anos. As eliminatorias terán lugar os días venres 10 e sábado 11 de agosto, e a gran final o domingo 12 de agosto ás 18.00 horas.

 

Os campións de cada categoría recibirán como premio un vale para gozar dunha sesión de paint-ball en Paint Ball Galicia (Nigrán), así como vales para xeados na cafetería tapería San Juan (Panxón). Pola súa banda, os subcampións recibirán -ademais de vales para xeados- acceso a unha xornada das opcións multiaventura do Paris Dakart en Sanxenxo. Máis información e inscricións na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar (Panxón).