Nigrán acollerá o XXI Campionato de España de Bolos Celta por parellas

Imprimir
bolos-celtas

O Campionato de España de Bolos Celta na modalidade de parellas chega á súa vixésima primeira edición coa celebración do Gran Premio Concello de Nigrán. Nesta ocasión, o Centro Cultural de Camos acollerá a 16 parellas e un total de 32 participantes procedentes de Galicia, Madrid e Asturias.

 

As competicións comezarán o sábado 30 de xuño nas canchas do Centro Cultural de Camos a partir das 10.00 horas, e prolongaranse durante todo o día, cun pequeno descanso á hora do comer. A xornada do domingo comezará ás 9.30 horas cos cuartos de final. A entrega de premios, será presidida polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva.