Apertura de inscricións para unha liga non federada de fútbol sala no Val Miñor.

Imprimir
FUTBOL-SALA

A Agrupación Deportiva do Val Miñor abre a inscrición para a tempada 2012/2013 para unha liga de fútbol sala non federada, organizada en colaboración dos concellos de Nigrán e de Gondomar. Os encontros celebraranse nos polideportivos municipais cubertos destes dous concellos. Os equipos interesados en máis información ou en realizar a inscrición deberán chamar ao teléfono 667 263 072. A organización tamén contempla a celebración dunha liga feminina, en caso de haber un mínimo de equipos interesados en participar.