Este domingo o Val Miñor se viste de vermello e branco para alentar aos cadetes do Racing Vilariño.

Imprimir
cadetes-racing-vilarino

Logo dun gran ano deportivo, os cadetes do Racing Vilariño enfrontan as etapas finas do torneo que pode reportarlles a promoción á Liga Galega Sur. O vindeiro domingo 3 de xuño, ás 11:30 horas no Campo de Fútbol de San Pedro disputarán a primeira semifinal contra o equipo de Moaña. O partido de volta será sábado 9 de xuño no Louro. O gañador disputará a final do certame cara ao ascenso.

 

Os rapaces do equipo miñorano -de entre 14 e 15 anos- atravesan un momento moi especial da súa vida deportiva. "Están polos ceos!" respondeu Raúl Souto, presidente do club cando lle consultamos sobre o estado anímico dos xogadores. É que a promoción ademais dun premio ao esforzo do equipo, abre as portas a novas experiencias formativas nunha liga que os levará por toda a rexión sur de Galicia (Pontevedra e Ourense).

O domingo espérase que os veciños da bisbarra concorran a alentar ao equipo dirixido por Juan Carlos Oterino. Unhas gradas enchidas coas cores branca e vermella do Racing sen dúbida exercerán unha grande motivación nos rapaces. O fútbol, a súa paixón, máis alá do resultado deixará unha fermosa pegada nas súas vidas.