Positivo comezo para os irmáns Varela na V Subida a Oia.

Imprimir
VsubidaOia

A V Subida a Oia, marcou o comezo do Campionato Galego de Montaña e os pilotos de HVC Escudería non defraudaron, alcanzando ambos os dous un disputado podio.

 

Cheko Varela marcou o ritmo da súa categoría e demostrou unha vez máis que cada dia está máis preto da cabeza e a pouco que se descoiden, o estará aí. Vai achicando distancia a pasos axigantados. Só é cuestión de tempo que chegue a súa primeira vitoria absoluta.

Pola súa banda Toño sufriu problemas mecánicos no seu Osella durante a primeira xornada. A bomba de gasolina empezou a fallar desde os adestramentos e na primeira oficial xa dixo basta. O bo labor dos mecánicos fixo posible poder saír na última manga, aínda que fose ao límite do tempo. Como recoñeceu Toño, tampouco comezou moi centrado e o tempo non foi moi bo, pero valeu para ser terceiro.

O Domingo, xa con todo arranxado, Toño marcou o ritmo da xornada con dous primeiros postos, que non lle chegaron para superar a Nonito pero se ao seu irmán, clasificándose segundo.