Nigrán será a sede de dous torneos da Federación Galega de Tenis durante a Semana Santa.

Imprimir
7128tenis

Esta semana Santa o mellor do tenis galego sub-16 darase cita en Nigrán, no Campionato Galego Cadete 2012 Concello de Nigrán. O campionato, organizado pola Federación Galega de Tenis, o Club URECA e o Concello de Nigrán, celebrarase entre o 31 de marzo e o 8 de abril nas instalacións deportivas de URECA.

 

O futuro do tenis galego darase cita neste torneo, que conta coa participación dun centenar dos mellores tenistas do momento. De feito, os cabezas de serie do campionato -os oito primeiros- atópanse entre os 900 mellores xogadores absolutos de España.

Entre os alicientes desta competición destacan a participación dos xogadores, que disputarán máis dun partido, perdan ou gañen. A fase previa do campionato desenvolverase mediante un torneo rápido o fin de semana. A organización contempla tamén un torneo de repesca para aqueles xogadores que perdan o primeiro partido da previa, un torno homologado pola Federación Galega de Tenis, baixo a denominación campionato galego B Concello de Nigrán.

Paralelamente, as instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar (Panxón) acollerán II Open de Tenis de Semana Santa Concello de Nigrán , organizado polo Club de Tenis de Nigrán. Este torneo -cuxa participación está limitada aos tenistas federados- contará coa participación de máis dun centenar de tenistas de todas as categorías, e tamén con tenistas lusos e franceses.