Sabarís será a sede do XIII Cross Escolar do Val Miñor.

Imprimir
XII-cros-escolar-valminor-2

No antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís, no entorno do paseo da Foz, os cativos do Val Miñor terán a posibilidade de participar do XIII Cross Escolar "Do Val Miñor 2012", a celebrarse o domingo 29 de xaneiro. A actividade se desenvolverá con distintos percorridos adaptados ás diferentes categorías. Os interesados en participar deberán comunicarse antes do luns 24 de xaneiro coa oficina da Concellería de Deportes de Baiona no teléfono 986356558 ou no seu local na Praza de Abastos de Baiona.

 

As categorías participantes son: Chupetes (nacidos en 2008-07 - distancia a recorrer: 80 metros), Pre - Benxamín (nacidos 2006-05 distancia a recorrer 400 metros), Benxamín (nacidos en 2004-03) distancia a recorrer: 750 metros, tanto masculino como feminino. Alevín (nacidos en 2002-01.) Distancia a recorrer: 1.500 metros, tanto masculino como feminino. Infantil (nacidos en 2000-1999.) Distancia a recorrer: 1.500 infantil feminino e 2.000 masculino e Cadetes (1998-97) Distancia a recorrer: 2.600 metros cadete feminino e 3500 masculino.

O evento está organizado conxuntamente pola Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade, a Sociedade Atlética Val Miñor e a Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor.

Os interesados en participar tamén poderán obter información e inscribirse nos centros de ensino dos tres concellos do Val Miñor.

A organización proverá dun seguro a todos os participantes que se anoten antes do vindeiro luns 24.