Adianto nas redes de “Virada por Avante”, o próximo disco de Xosé Constenla.

Imprimir
xose constenla 1

As principais plataformas de distribución dixital (itunes, Spotify, Youtube, amazon, Movistar...) incorporarán este martes, 22 de decembro, o primeiro single de Virada por Avante, título do próximo disco do músico compostelán Xosé Constenla.
Titulado 'A luz entre a desorde', trátase dunha das composicións máis intimistas das que integran o álbum, aínda que neste caso mestúrase a parte máis sentimental cun enfoque tamén de loita social. En palabras de Constenla, é "o tema que mellor recolle o meu estado de ánimo cando compuxen os temas do disco; sair da penumbra dun tugurio agochado e descubrir que a vida continua e que está aí para enchela de contido"

Ademais do lanzamento polas canles de distribución dixital do single, Xosé Constenla tocará en acústico o tema en Bombarda Zapatería (Praza de San Agostiño, 3) ás 14:00h, actuación que se poderá seguir en streaming a través dun link colgado na web www.xoseconstenla.com.
Virada por Avante é o cuarto disco de Xosé Constenla e foi producido por Fredi Marugán e masterizado nos Staterooms Studios por Oscar Herrador.
Ambos teñen traballado ao longo da súa traxectoria con artistas do panorama estatal e internacional (Ismael Serrano, Miguel Ríos, Joan Manuel Serrat, Enrique Iglesias, Compay Segundo, Antonio Vega ou Pedro Guerra, entre outros).
De 'Virada por Avante', que se lanzará no primeiro trimestre do ano 2016, Fredi Marugán destaca o son a 'folk rock' americano que desprenden os 11 temas que o integran.