A nova edición do NigránJazz enche un ano máis o auditorio natural da Foz da Ramallosa

Imprimir
nigranjazz3

Un cheo total acompañou a nova edición do NigránJazz no auditorio natural da Foz na Ramallosa. O espectáculo comezou ás 21.00 coa actuación do vibrafonista catalán Andreu Vilar Trío, quen se acompañará na batería da galega Naima Acuña e no contrabaixo do cubano afincado en Galicia José Manuel Díaz.


A continuación, ás 22.30, foi o concerto estelar do quinteto de Chris Cheek, considerado un dos mellores saxofonistas do mundo, acompañado pola batería Jorge Rossy e os cataláns Jaume Llombart ao baixo eléctrico e David Soler en pedal guitar.