“Corre, Canceliñas,corre”. Coñece o novo clip da banda miñota Santos Morcegos.

Imprimir
clip santosmorcergos

Presentouse nas redes o novo vídeo de Santos Morcegos, "Corre, Canceliñas, corre. O tema incluído no EP 7 homónimo é parte do último traballo desta banda de rock instrumental formada en 2008 en A Guarda. Disco conceptual dedicado á figura de "O Cancelliñas", Saturnino Cerezo Cancelas, o home que puxo en xaque aos corpos de seguridade de España e Portugal, actualmente no cárcere.


O chaman "o derradeiro quinqui da Raia", de quen lembran "ten un amplo expediente de fugas dos diversos cárceres galegos". O clip foi gravado "nunha tarde de xullo no Casco Vello Alto" de Vigo, aseguran . A dirección estivo a cargo de Paula Carro.

Corre, Canceliñas, corre - Santos Morcegos

 

Â