Miguel Anxo Murado García nas Tertulias do IEM

Imprimir

Continúa o seu percorrido o ciclo AS TERTULIAS do IEM do curso 2004-05.  Nesta ocasión, a sexta do ciclo estará con nós o Doutor en Bioloxía e investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Miguel Anxo Murado García. O noso convidado será presentado polo investigador do Instituto de Oceanografía de Vigo e membro da Asociación A Groba, Santiago Fraga.

O acto, aberto ao público, terá lugar, coma sempre,  no Pazo da Escola de Mañufe â??Gondomar- o venres catro de marzo ás 20:30 h.
Ao remate terá lugar unha cea co convidado á que será posible asistir previa reserva no 680 644 490 e ao prezo de 18,50�.

Miguel Anxo Murado García naceu en Lugo o 1 de maio de 1945. Logo de estudar o Bacharelato nesta cidade, foi a Madrid onde cursou Ciencias Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid, na que selicenciou en 1968. Realizou o seu doutoramento baixo a dirección do Prof. Baluja no Instituto de Química Orgánica do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) en Madrid coa tese â??Metabolismo de insecticidas organoclorados por microrganismos del sueloâ?? que rematou en 1972. Obtivo unha praza de Colaborador Científico nese Instituto dende o que, en 1975, se trasladou ó Instituto de Investigaciones Pesqueras, actualmente Instituto de Investigacións Mariñas, en Vigo. Dende o ano pasado é Profesor de Investigación do CSIC.

Sempre amosou un grande interese nos temas ambientais, publicando en 1975 o traballo, â??A contaminación en Galicia. O desarranxo ambiental galego no contesto da crise ecolóxica mundialâ?? que é o primeiro libro que aborda o tema da contaminación dende un punto de vista galego.Ao longo da súa carreira profesional abarcou temas como a influencia dos PCBs en diatomeas, o desenvolvemento de métodos para revalorizar e reciclar subproductos da industria agroalimentar, e o uso da biorremediación con bacterias aos vertidos de petróleo nos desastres do Aegean Sea e o Prestige, sendo autor de numerosas publicacións.