VIDEO | Subida ao Galiñeiro no ano 1978

Imprimir
Imaxe do filme | Proxecto Socheo

José Quintas Núñez en 1978 subía coa súa cámara en man até as gaias do Galiñeiro.

É un día soleado e abraia o refulxir das Gaias da Serra do Galiñeiro. José Quintas Núñez, cineasta afeccionado, achégase dende A Guarda e trepa por Vincios para capturar a paisaxe que ofrece nese ano de 1978 este espazo senlleiro do Val Miñor. Pola súa cámara van desfilando as canteiras de O Porriño, o Coto do Mediodía, para deterse no Coto da Zorra, onde por breves segundos pódese observar a caseta forestal.

Trasládase ao punto xeodésico (A Botella) para enfocar a cámara outra vez ás Gaias e dende alí remata o paseo na aldea de Zamáns.

 VIDEO "Subida al Galiñeiro"

Esta viaxe no tempo hoxe é posible de realizar por outros espazos da bisbarra e contorna grazas ao traballo de localización e inventariado da filmoteca da Guarda e o Baixo Miño que está a desenvolver o Proxecto Socheo. Un equipo que propón impulsar o eido audiovisual dun xeito colectivo e aberto cara a súa difusión "sen restricións, cara o mundo".