Ponte...na escena levou o teatro do auditorio á taberna.

Imprimir
8mm teatro durante a actuación no Catro Camiños - valminor.info

A primeira xornada do Festival Internacional de Teatro Ponte...na escena comezou coa representación da obra Verbum Fahrenheit de Limiar Teatro no Auditorio Lois Tobío de Gondomar e rematou cunha intensa representación “ao Tarantino” na taberna Catro Camiños de Gondomar.

Desde o escenario do Auditorio Lois Tobío, Limiar Teatro asumiu a representación do teatro galego coa actuación do actor miñorano Hugo Rodríguez quen tan só tres horas máis tarde enchía de sangue e amor o bar Catro Camiños. A compañía 8mm Teatro fixo vibrar a taberna con escenas teatrais da filmografia da obra de Quentin Tarantino. O carniceiro Mickey a súa noiva Malory converteron as mesas de bar nunha autentico plató cinematográfico onde o público participou activamente. 

Este sábado continua o Festival coa actuación das compañías brasileiras de Rio de Janeiro e de Minas Gerais, ás 20.00 hs. e ás 22.00 hs. no auditorio Lois Tobío. O prezo das entradas é de 4 € cun bono de 6 € para as duas representacións. O Festival péchase o domingo co día de Portugal, onde actuarán as compañías Fafe cidade das artes e o Teatro Invisível.