Festival internacional de teatro O festival Ponte...na escena é o primeiro festival de teatro que en Galiza presenta a obra de compañías brasileiras, galegas e portuguesas.
Unha ponte necesaria que ofrece ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes. Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común.
Pode o teatro ser a expresión deste patrimonio? Tal vez sexa necesario e urxente construír unha dramaturxia que mostre a nosa identidade común. Entre tanto, tendamos pontes entre as diversas expresións, deixemos que falen as narrativas de cada unha delas, viaxemos aos seus territorios e deixemos que no noso imaxinario se constrúan as pontes. Os organizadores agradeceron a colaboración presentada pola Concellería de Cultura de Gondomar que no ano de Roberto Vidal Bolaño abriu unha nova porta para o teatro en Galiza.
Dúas compañías galegas (Limiar Teatro e 8mm Teatro), dúas portuguesas (Fafe cidade das artes e Teatro Invisibel) e dúas brasileiras(Farándula e Teatro andante) desenvolverán o Festival Internacional de Teatro que terá por sede a vila de Gondomar do 24 ao 26 de maio.
As seis conforman o programa de Ponte…na escena, o primeiro festival internacional de teatro da lusofonía que se pon en marcha en Gondomar. A proposta xorde do impulso de Ponte…nas ondas, de ai o nome do certame pero tamén de Limiar Teatro (Fran Núñez), membro desta última formación e implicado en Ponte nas ondas desde tempo atrás fala da “vocación de exhibir proxectos comúns da lusofonía”.
O programa centrará a súa actividade no Auditorio Municipal Lois Tobío, aínda que o venres 24, o bar Catro Camiños albergará "Unha historia de amor ao Tarantino (8mm. Teatro)" a partir das 23 horas con entrada libre e pase de gorra ao final.
O custe das entradas para o resto de espectáculos é de 4 euros por espectáculo, ou un bono de 6 euros que permite o acceso ás dúas funcións do día.
Programa do Festival Internacional de Teatro "Ponte na escena"
Venres 24 de maio
- Verbum Fahrheit (Limiar teatro – Galicia) 20 horas no Auditorio Lois Tobío.
- Unha historia de amor ao Tarantino ( 8mm. Teatro – Galicia) 23 horas no Catro Camiños.
-Sábado 25 de maio, Auditorio Lois Tobío
- Quando se abren os guarda-chuvas (Primus Cia de Atores – Río, Brasil) 20 horas
- Olympia (Teatro andante – Minas Gerais, Brasil), 22 horas
Domingo 26 de maio, Auditorio Lois Tobío.
- Labirinto de amor e morte ( Fafe cidade das artes – Fafe Portugal), 20 horas
- A visita (Teatro Invisible – Lisboa Portugal), 22 horas.
Verbum Fahrenheit
Dim lights Embed Embed this video on your site
Unha historia de amor ao Tarantino
Dim lights Embed Embed this video on your site