Conferencia - A muller na pintura. Na galería de arte Iván Morillas

Imprimir
O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa asociación de mulleres "Area Loura" e a galería de Arte "Iván Morillas" organizan o venres día 1 de xuño unha conferencia do prof. Manuel Caldas Fernández sobre "A muller na pintura" na que abordará o tema da invisibilidade da muller como pintora. 
O prof. Manuel Caldas Fernández é licencidado en Xeografía e Historia pola U. Complutense de Madrid, exerceu durante anos no IES Escolas Proval de Nigrán e na actualidade no IES San Paio de Tui. É membro activo do Instituto de Estudos Miñoranos.
Con esta actividade o Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración coa Galería "Iván Morillas", pretende abrir un novo espazo de encontro cultural en torno á arte e á cultura en xeral que dun xeito permanente e constante ofreza á cidadanía miñorana unha maior diversidade de  iniciativas culturais.