Enrique López Veiga (A Coruña, 1947). Doutor en Biolóxicas pola USC e licenciado en Económicas pola U. de África do Sur. Foi investigador do Instituto de Investigacións Pesqueiras (1972-78).
Logo foi secretario técnico e posteriormente director-xerente da Cooperativa de Armadores de Vigo. Ingresou no corpo de funcionarios europeos (1987) e traballou en diversos departamentos relacionados con asuntos pesqueiros. Entre 1990 e 1993 foi Conselleiro de Pesca no primeiro goberno de Manuel Fraga.
Neste último ano incorporouse á Comisión Europea na Direeción Xeral da Política da Competencia e despois foi xefe de gabinete do Presidente do Parlamento Europeo. En 1998 foi nomeado polo Parlamento Europeo director xeral de Finanzas e Control Financeiro. En setembro de 2001 regresou como Conselleiro de Pesca do goberno de Fraga.
Entre outro títulos ten publicado Manual de política pesqueira (2000), A batalla de Cavite (2002) e Desde el centro de Galicia (2004)