O Alg-a Lab acolle a Feira Imaxinaria Contemporánea 2012.

Imprimir
sumer lab

Colectivos vencellados á ciencia, a cultura e as novas tecnoloxías amosarán na veciña parroquia de Valadares as súas últimas achegas e proxectos na Feira Imaxinaria Contemporánea 2012. O evento propiciará unha "residencia colectiva" do 23 ao 26 de agosto de creadores e investigadores destes eidos nas instalacións do Alg-a Laboratorio, situado no Camiño da Igrexa, 254. Nas xornadas compartiranse obradoiros e instancias de divulgación de diversos proxectos nun marco de convivencia onde non faltarán anacos para as representacións artísticas e o lecer.

 

A Feira Imaxinaria Contemporánea 2012 forma parte da Rede distribuída de Cultura Libre Summer of Labs. A actividade desenvolverase en 6 nodos principais: Montes comunais, verbenas periféricas, laboratorio de "performance", economías alternativas, exploración de espazos sonoros e xestión sustentable do proxecto Alg-a Lab e tecnoloxía dixital libre.

A participación é aberta a todo público e para participar nalgúns dos nodos só hai que poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .