Especialistas informarán este mércores sobre a libre elección de centros hospitalarios en Baiona.

Imprimir

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor convoca para este mércores 12 de novembro ás 20:00h no Auditorio Ángel Bedriñana de Baiona (Praza de Abastos), unha charla-coloquio na que se informará sobre a libre elección de hospital de referencia ás persoas que actualmente están adscritas ao hospital privado POVISA. Na charla-coloquio intervirán, ademais do Portavoz da Plataforma, Vicente Lobato, Jesús Araújo, médico otorrinolaringólogo no CHUVI, e Lorenzo Pousa, médico de atención primaria no Centro de Saúde de Baiona, ambos membros de SOS Sanidade Pública.