Toca resintonizar os canais de TDT o próximo domingo 26 de outubro.

Imprimir
Control-remoto

Un proceso de relocalización de frecuencias de televisión na banda de 800 MHZ para deixalas dispoñibles para as redes de telefonía móbil de alta velocidade (4G), obrigará a resintonizar os televisores o vindeiro domingo 26 de outubro. Nese senso o Ministerio de Industria, Energía y Turismo informou este xoves que botará andar unha campaña informativa a partir do mércores 15. Na maioría das vivendas se adianta que só constará dunha operación co mando da TV. No caso das antenas colectivas en edificios a adaptación deberá facela persoal cualificado e o Estado destinará subvencións a tal fin. En todo caso a cidadanía pode informarse na web www.televisiondigital.es  e nos  teléfonos 901 20 10 04 e 954 30 77 96.

Que facer nas vivendas unifamiliares ou pequenos edificios con antenas individuais?

As vivendas unifamiliares, dotadas con antena individual non terán que realizar adaptacións nas mesmas, avanza Industrias. Engade que en todos os casos só será necesario sintonizar cada televisor da casa a través do menú do seu mando para buscar as canles. É dicir, a operación normal de sintonía ao conectar por primeira vez a tv coa antena.

Que facer nas comunidades de propietarios de edificios afectados?

Neste caso, as comunidades de propietarios de edificios con sistemas de recepción monocanales ou centralitas programables deberán facelo a través dun instalador de telecomunicións rexistradro. Unha lista dos mesmos atópase no web www.televisiondigital.es .

A comunidade deberá solicitar á empresa instaladora un presuposto cos traballos a realizar e o detlle dos elementos a substituír. Finalizados os traballos o instalador deberá entregar un exemplar do boletín de instalación existente no edificio con detalle do realizado e a factura. As axudas se poderán solicitar unha vez realizadas as actuacións. Para máis información débese contactar cos teléfonos achegados polo Ministerio de Industria.

Emisión en simulcast durante algún tempo

Ata o vindeiro 1 de xaneiro algunhas canles de televisión emitirán en simulcast, na antiga e nova frecuencia, para facilitar os axustes. Estas emisións en simulcast variarán entre as distintas rexións xeográficas. O proceso de adaptación deberá rematar antes de fin de ano cando unicamente se emitirá pola nova frecuencia asignada.