O Val Miñor sen servizo de ADSL de Movistar e cas operadoras virtuais

Imprimir
Sen internet

Os concellos Val Miñor sufren unha incidencia masiva nas liñas de telefónicas que provocou a caída do servizo de ADSL durante toda a xornada de hoxe.

A compañía Movistar non ofrece máis información aos clientes máis alá dunha mensaxe telefónica grabada indicando que a liña da que chama atópase na área dunha incidencia técnica.

Os clientes das compañías virtuais que operan coa rede de Movistar tamén se viron afectados.

Moitas empresas tiveron problemas hoxe para desempeñar as tarefas do día, o que da conta a necesidade e dependencia existente coas comunicacións por internet.

Pois nada, que se hoxe non podes contactar cos "colegas", que saibas que ou teñen conexión alternativa por 3G ou nestes momentos estarán rememorando o que supuña non ter internet antiguamente e estarán compartindo momentos en familia no salón da casa.