Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde 200mil: “Alguén terá que dar resposta mañá á cidadanía”.

200mil: “Alguén terá que dar resposta mañá á cidadanía”.

Correo-e Imprimir PDF
mani saude vigo

O impresionante rexistro fotográfico compartido nas redes pola CIG era acompañado do reclamo: “Alguén terá que dar resposta mañá  á cidadanía”.

Unha multitude invadiu as rúas viguesas en reclamo dunha sanidade “100% pública”. Duascentas mil segundo a seguridade da manifestación convocada pola CIG e corroborada polos servizos policiais presentes, segundo valorou a VM. Info a mesma fonte. Vigueses e xentes achegadas en vehículos dende todo o país.

“Foi unha resposta contundente contra os recortes e as privatizacións na saúde”, salientaba  María Xosé Rodríguez da mesa de traballadores do novo hospital Álvaro Cunqueiro, en declaracións a este medio cando estaba a acontecer a mobilización .

Unha cámara móbil do equipo de K12 Comunicacións emitiu en directo a mobilización que retransmitiu VM.info

As denuncias da privatización da construción e xestión deste novo centro que tamén atenderá pacientes do Val Miñor,  centraron as consignas durante o percorrido da manifestación que percorreu o centro de Vigo dende o Hospital Xeral até a Praza do Sol. Unha cámara móbil dos compañeiros de K12 Comunicacións cubriu en directo e por streaming a marcha e os discurso centrais da mesma.

Denuncia ante a fiscalía

A responsable sindical informou da presentación o próximo luns ante a fiscalía dunha denuncia cun detallado informe das deficiencias e perigos de seguridade que presenta o novo hospital e que están afectar por igual “a traballadores e pacientes”, salientaba Rodríguez a VM.info.

Os traballadores non descartan neste intre a presentación dunha denuncia ante os xulgados, con base ao mesmo informe que presentarán ante o fiscal.

Cobertura na Praza do Sol

 K12 Comunicación desprazouse á Praza do Sol para transmitir en directo a chegada da manifestación e os discursos no acto central ca sucedeu. 

Documento que comproba a magnitude da protesta pero que sufriu atrancos pola saturacións das liñas móbiles no intre da concentración. Directo que foi posible seguir neste portal e que poderá ser visualizado en calquera momento a súa gravación. 

A cola da manifestación puido chegar á praza case 40 minutos despois de rematado o acto sobre as 22:45 horas, momento en que se deu por rematado o operativo de estreming que dera comezo pola mañá nos seus preparativos.

VIDEO | Así foi a emisión en directo da chegada da manifestación á Porta do Sol