A glorieta situada no acceso na subida a Baíña será remodelada pola Deputación de Pontevedra. A obra tamén contempla unha mellora da seguridade vial da devandita estrada, a reposición de muros de mampostería e escaleiras na súa contorna. O proxecto conta cun orzamento de 198.800€, e foi adxudicado en xullo deste ano á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L., mediante un procedemento de negociado que tiña como base 202.861,92 €. No día de hoxe, a formalización do contrato foi comunicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.