O IEM abre inscricións para o III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.

Imprimir
obradoirovt2014

Neste mes outubro dará comezo un novo obradoiro de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta. Baixo o título "III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo", 25 persoas poderán participar desta actividade que se desenvolverá durante sete sesións na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, Aula de Cultura Ponte de Rosas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.

As sesións terán lugar os días sábado 10 e 24 de outubro e continuarán os días 7, 14, 21 e 28 de novembro no horario de 11 a 12:30 horas. Finalmente terá lugar unha aula de peche o día xoves 3 de decembro ás 20:30 horas.

O prezo de inscrición será de 20€ para socios do IEM e 25€ en xeral por todo o curso. Haberá un máximo de 25 prazas e necesitarase un mínimo de 10 inscritos para desenvolver o curso.

As Inscricións poden facerse a través do correo oficina @minhor.org ou de luns a venres de 18 a 22 hora s no teléfono 986360575. O programa completo pode descargarse na web do IEM, www.minhor.org