Xornada de portas abertas de ximnasia hipopresiva no Centro Cultural de Vincios

Imprimir
3 Hipoplaya

Como preámbulo da actividade de Ximnasia Hipopresiva que se impartirá no Centro Cultural de Vincios os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas a partir de outubro, cun custe de 20€/mes por alumno socio e 23€/mes por alumno non socio. O Centro Cultural abre as súas portas de maneira gratuíta a todos aqueles que desexen probar a actividade ou convidar a veciñ@s, compañeir@s, familiares ou parellas.

Para participar na actividade non é necesario facer preinscripción, simplemente aparecer nas instalacións do centro uns minutos antes do comezo da actividade que terá lugar o mércores 30/09/2015 de 17:00 a 18:00 horas.

IMPARTE: Isaac Penela Canda (Fisoteraupeuta pola Universidade Fernando Pesoa)

LUGAR: Centro Cultural de Vincios (Aula Auditorio).
DÍA: 30/09/2015
HORA: De 17:00 a 18:00