- Será o mércores 24 de abril a partir das 18:30 horas. A entrada é libre.
Con motivo da celebración da Semana do Libro e a Lectura, organizada pola asociación Espazo Lectura en colaboración co Concello de Gondomar, a Casa da Lectura (Donas) acolle unha sesión de dinamización especial da man da contadora e ilustradora Marisa Irimia.
Marisa Irimia presentará o espectáculo O misterio das cinco portas: unha historia na que se xoga coa linguaxe e na que, con adiviñas e enigmas, os nenos e nenas descubrirán a maxia do mundo das palabras.