-Será o vindeiro xoves 25 de abril ás 19.30 horas
-No encontro participarán o psicólogo, Santiago Santos e a presidenta da Asociación Autismo Vigo, Esperanza Domínguez
O Centro de Información á Muller (CIM) de Gondomar en colaboración coa Asociación Autismo Vigo, organiza unha charla-coloquio para conmemorar este mes dedicado ao autismo.
O encontro terá lugar ás 19.30 horas no Centro Neural do municipio e contará coa participación do psicólogo da residencia O Salgueiro de Autismo Vigo, Santiago Santos e da presidenta da Asociación Autismo Vigo, Esperanza Domínguez.
A entrada é gratuíta e aberta para todo o público en xeral.