Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Tertulia do IEM coa actriz Mónica Camaño Fandiño.

Tertulia do IEM coa actriz Mónica Camaño Fandiño.

Correo-e Imprimir PDF
monicacamanho

Este venres, 5 de abril, TERTULIA do IEM coa actriz Mónica Camaño, protagonista de recoñecidas series de TV, cine e teatro . A convidada será presentada pola tamén actriz Antela Cid. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 5 de abril de 2013 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ata o xoves 4 de abril ás 22 horas.

Mónica Camaño Fandiño

Cangas do Morrazo (Pontevedra) 1971

Nos anos 80 comeza a súa relación co teatro, da man do grupo de mimo Ancoradouro, que a levará até a Aula de Teatro da USC, alternando montaxes e cursos de arte dramática, ao tempo que se licenza en Filoloxía Galego-Portuguesa. A partir de entón comezará o seu perorrido profesional na escena galega traballando no Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Teatro Bruto, Teatro de Ningures ou Teatro do Morcego, entre outros, con directores como Roberto Vidal Bolaño, Xan Cejudo, Pablo Rodíguez, Celso Parada, Júlio Cardoso, Etelvino Vázquez ou Álvaro Lavín. E desde o 2008 integra o proxecto de Teatro Nu. A par da vida escénica, vén desde o ano 2000 traballando con regularidade en cine e televisión.

Premios e recoñecementos: Premio María Casares á mellor actriz secundaria no 2008 polo espectáculo Emigrados, sendo candidata na mesma categoría no 2001 por A burla do Galo, no 2002 por Rosalia, e no 2007 polo espectáculo Misericordia. Tivo tamén dúas nominacións a mellor actriz principal nos devanditos premios no 2001 por A señorita Xulia, e no 2010 polo Kvetch.

FILMOGRAFÍA:

Películas de TV:

- O club da calceta, 2009.

- O bosque de Levas, 2007.

- A biblioteca da iguana, 2006.

- Sincopat, 2003.

Series para a TVG

- Matalobos, 2009-2011.

- Maridos e Mulleres, 2006-2008.

- Efectos secundarios, 2007.

- A vida por diante, 2006-2007.

- 4º sen ascensor, 2005.