Excursión a Feira Internacional de Ourense Termatalia dende o concello de Nigrán.

Imprimir
TERMATALIA
O Concello de Nigrán informa dos últimos días de inscricións para coñecer Termatalia, o próximo 24 de setembro. As inscricións teñen un custe de 10 euros por persoa, e inclúen transporte, comida, visita guiada e a entrada a feira Termatalia de turismo termal. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro domingo 18 de setembro nas Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón.