O Centro Cultual A Merced de Chaín prepara o Concerto de Panxoliñas.

Imprimir
cartel-nadal-chain

O Centro Cultual A Merced da parroquia de Chaín (Gondomar), prepara no seu auditorio o Concerto de Panxoliñas que terá lugar o próximo sábado 18 de decembro ás 20 horas. A tal fin invita a nenas e nenos que queiran facer manualidades de Nadal para mañá domingo no Centro.

Os nenos tamén poderán participar do primeiro ensaio para a actuación que terá lugar durante o concerto do 18 de decembro. Para o devandito concerto están comprometidas as actuacións da Coral Polifónica de Atios, o Coro Ecos do Castelo e a anfitrioa Coral Polifónica "A Merced".