A Comisión de Festas de Parada inaugura "Os andares do porco".

Imprimir
cartel-porco

A tradicional tempada da matanza do porco será inaugurada cunha festa gastronómica que por  tres meses percorrerá as parroquias do concello de Nigrán. "Os andares do porco" é unha iniciativa das concellerías de Cultura, Turismo e Festexos que busca  contribuír coa tarefa das comisións de festas parroquiais aportando unha exposición fotográfica sobre as faenas, carteis, invitacións, bandas de gaitas o dúos para amenizar as reunións.

Cun prezo cercan aos 15 euros, os visitantes poderán desgustar a carne de porco preparada de tódalas formas tradicionais: churrasco, cocido, lacón con grelo, empanada, nunha maratón onde cada comisión preparará o prato nunha especialidade.

A primeira xuntanza é o próximo domingo 14 na parroquia de Parada.  A festa comeza ás 14 horas, e o prato será o tradicional cocido galego, o grupo de gaitas "Os do bo dente" amenizarán a tarde. As reservas pódense facer ao teléfono 617292988.