Ciclo de xornadas de promoción do cooperativismo en Gondomar

Imprimir
coop

A Rede Eusumo, en colaboración coa Concellería de Formación, Emprego, e Dinamización Económica do Concello de Gondomar, organiza o ciclo de xornadas de promoción do cooperativismo titulada "Emprender baixo a fórmula cooperativa, unha boa opción de emprendemento". Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015.
Estas xornadas terán lugar o día 28 e 29 de outubro no Concello de Gondomar. A través das mesmas preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.


Con estas xornadas búscase achegar e dar a coñecer o modelo empresarial cooperativo as persoas desempregadas e as que están a buscar unha alternativa de autoemprego, dar a coñecer as súas características e particularidades, coñecer experiencias cooperativas e mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.
A inscrición é gratuíta, e o prazo para inscribirse é ata o día 27 de Outubro. Pódeste inscribir facilitando nome, DNI, teléfono e correo electrónico nos seguintes contactos:
REDE EUSUMO: 981558008 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
CONCELLO DE GONDOMAR: Yolanda Gómez Soto (técnica de emprego). 986384020 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo