A demanda de traballo e a oposición aos recortes socias centran as peticións dos usuarios de Cáritas reflictidos na Memoria Anual de Emprego .

Imprimir
caritas emprego

As persoas desempregadas que atenden os servizos de Cáritas demandan un maior compromiso por parte do goberno na políticas de emprego, transparencia na administración e que o control do gasto público "non empece polos servizos básicos dos cidadáns", segundo informou Félix Sánchez, un dos coordinadores da Memoria Anual de Emprego 2012, presentada nesta xornada en Madrid. O informe recolle a testemuña achegada por máis de 80 mil usuarios que no correr do 2012 solicitaron asistencia ou asesoramento ao Equipo de Promoción de Dereitos e Economía Solidaria de Cáritas.

 

Os usuarios dos Programas de Emprego de Cáritas estenden as súas peticións ás empresas, ás que piden que "a crise non sexa un escusa para o retroceso en dereitos laborais", sinalou o voceiro.

O perfil predominante destes usuarios son mulleres (un 67%), inmigrantes ou autóctonas, con idades comprendidas entre 25-45 anos (o 60%) e cun baixo nivel formativo (o 63% non supera os estudos secundarios), sinala o informe.

Apenas dúas horas logo de facerse públicos os datos da EPA correspondentes ao primeiro trimestre de 2013, a directora do Área de Desenvolvemento Social e Institucional de Cáritas, Ana Abril, afirmou que "son unha chamada urxente e ineludible á responsabilidade de todos ante este contexto que está expulsando ás persoas do acceso aos dereitos".