Ata o 10 de maio poderá solicitarse o pago fraccionado do IBI.

Imprimir
centrogondomar

-O Concello de Gondomar informa da posibilidade do pago en dous prazos do IBI

-As persoas interesadas poden solicitar este pago fraccionado, ata o 10 de maio.

-A solicitude deste sistema de pagamento poderá facerse en calquera oficina do ORAL ou tamén por correo postal, electrónico e a través da oficina virtual da Deputación

Desde o concello de Gondomar infórmase de que este ano 2013 é posible fraccionar o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) en dous prazos ao abeiro da Resolución Presidencial publicada no Boletín oficial da Provincia do 27 de marzo.

Este sistema especial de pago, supón que os contribuíntes que así o desexen poderán distribuír o importe do seu recibo do IBI (non inferior a 30,00€) en dous prazos, sinalan dende o Concello.

Forma de pago.

O primeiro dos pagamentos será equivalente ao 50% de la cota líquida do recibo do IBI correspondente ao exercicio en curso, debendo facerse efectivo na primeira quincena de agosto mediante a correspondente domiciliación bancaria. O restante 50% do recibo pasarase ao cobramento na primeira quincena de outubro.

Esta división do pagamento farase a solicitude do interesado, que a poderá pedir en calquera oficina do ORAL, concedéndose automaticamente desde o mesmo día da súa presentación, tendo validez por tempo indefinido en tanto non exista manifestación en contrario por parte do interesado ou deixen de realizarse os pagamentos na forma establecida.

Requisitos documentais

A única documentación requirida para obter este fraccionamento é o documento acreditativo da conta bancaria na que quere domiciliar o pagamento e o DNI do interesado.

Os veciños e veciñas de Gondomar poden solicitar este pago fraccionado do IBI, ata o 10 de maio.

Así mesmo, a Deputación Provincial ofrece tamén a posibilidade de que este fraccionamento se realice a través de correo electrónico ou postal, cubrindo o impreso que está publicado na propia web da Deputación (http://www.depo.es/documents/1076146/1088494/893.011.pdf/38d79808-e932-4586-b0c0-0466bb7c97aa) e remitíndoo ás oficinas do ORAL ou por medio da súa oficina virtual.