Terceira Feira de Sementes e Plantón Ecolóxicos

Imprimir
Fresón de Leboso - Foto By Fundación Galicia Verde

O vindeiro domingo, 14 de abril, a Fundación Galicia Verde celebra na súa sede de Leboso (Forcarei-Pontevedra) a Terceira Feira de Sementes e Plantón Ecolóxicos.
Na feira, a máis doutros produtores, estará a Rede Galega de Sementes, coa se que poderá facer troco de sementes, a maiores das propias sementes da Fundación Galicia Verde, froito do traballo do ano pasado e que foron obtidas sen utilizar ningunha substancia química de síntese, como sempre debería facerse.

Amenizarán a feira a música da Banda de Gaitas da Escola Municipal de Forcarei, a maxia do Mago Teto e haberá xantar de todo tipo: o tradicional polbo, tortilla e empanada, e tamén menú ecolóxico incluíndo empanadillas vexetais, postres, así como tés, bebidas e refrescos.

A participación é aberta a todo o mundo.

Para os que non poidan ir até Forcarei, a fundación conta cunha tenda de comercio electrónico onde están á venda as súas sementes ecolóxicas.