“Quen aprende a facer pan non morre de fame”: obradoiro gratuíto de pan ecolóxico en Chandebrito.

Imprimir
pan trigo

A Asociación Chandebrito 1807 organiza un obradoiro de pan ecolóxico no seu local social (antiga escola de preescolar da parroquia) o sábado 11 e o domingo 12 de maio, impartido polo biólogo, investigador e permacultor César Lema, que conta cunha ampla experiencia neste eido.

 

Horarios e programa:

- Sábado 11, 10.00 - 14.00 h. e 16.00 - 20.00 h.: teoría e práctica do pan de levadura nai.

- Domingo 12, de 10 a 14.00 h.: pan de landra.

Prezo: libre, podendo aportar o que cada quen considere ou ben aceite doméstico usado.

Material necesario: Os participantes deberán levar un bol para amasar, uns trapos para tapar o pan e 1 Kg. de fariña de trigo integral bio (que tamén se poderá adquirir no curso).

O número máximo de persoas será de 15 e terá que asistir os dous días que dura o obradoiro.

Os interesados poden inscribirse ata o dia 8 de maio a través do teléfono 667380223 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .