Obradoiro de xoguetes musicais na cooperativa Nornas Hostel en Gondomar.

Imprimir
obradoiros-Nornas

- O obradoiro terá lugar o día 14 de Abril de 11:30 a 14:00 horas.

- Para inscribirse hai que chamar ao 986363604 ou ben enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

A maquinaria de Cé Orquestra Pantasma fará unha parada en Nornas Hostel (Gondomar) para transmitir todos os seus coñecementos a cativos e cativas que queiran converterse en auténticos nenos e nenas orquestra. A sesión dividirase en dúas partes: un obradoiro de construción de xoguetes sonoros e un concerto trangalleiro.

Di Cé na súa páxina web que "O apaixoante mundo dos instrumentos musicais non escapou ao reemprego de materiais e obxectos cotiás: a Orquestra Pantasma tampouco. Ela, como feito en si mesma de reciclaxe e transformación, aproveita o seu saber para compartilo, buscando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás...) coma de refugallo ( chapas, tubos caixas...) para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais."

Despois de descubrir como transformar a nosa vida cotiá en música, se poderá gozar dun concerto musical.

O prezo por neno ou nena é de 15 euros (faranse descontos para irmáns). O obradoiro terá lugar o día 14 de Abril de 11:30 a 14:00. Para inscribirse hai que chamar ao 986363604 ou ben enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo