Curso de manipulador de alimentos organizado polos empresarios do Val Miñor.

Imprimir
manipulacion

O vindeiro mércores 20 de marzo de 2013, celebrarase no Centro Neural de Gondomar, unha charla para a obtención do título de manipulador de alimentos, que se entregará o mesmo día, necesario en todas aquelas actividades vinculadas directa ou indirectamente co contacto de produtos alimenticios. O curso dará comezo ás 16:30 horas; aínda hai prazas vacantes, polo que todos aqueles que desexen participar, deberán poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios do Val Miñor no teléfono 986-36 67 30, ou inscribíndose no local da Asociación situado na Praza de Rosalía de Castro, 3 Baixo (Nigrán).