Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura CARLOS BLANCO participará este venres nas TERTULIAS do IEM

CARLOS BLANCO participará este venres nas TERTULIAS do IEM

Correo-e Imprimir PDF

Como xa é costume, no Pazo da Escola de Mañufe celebrarase este venres, 4 de novembro, a segunda das TERTULIAS do Instituto de Estudos Miñoranos. O acto comezará ás 20:30 h. e nesta ocasión visítanos o actor, autor, director, excelente narrador e moitas outras cousas CARLOS BLANCO que será presentado pola profesora Concha Costas.
Carlos Blanco naceu en Vilagarcía de Arousa en 1959.
Actor cunha ampla traxectoria teatral (tamén como autor e director), é ademais un dos actores galegos de TV máis coñecidos: presentou e colaborou en múltiples programas da TVG como “Sitio Distinto” ou “Luar” e durante tres anos foi parte do elenco protagonista da teleserie “Mareas vivas”, da que tamén foi guionista. Logo comezou a participar na rodaxe de longametraxes como “O alquimista impaciente” (2001), de Patricia Ferreira, ou "O lapis do carpinteiro" (2002), de Antón Reixa. Atrás virían títulos como "Cargo" e "Heroína", estreadas neste ano 2005, no que participou tamén na rodaxe de novos filmes de próxima aparición como "Hotel Tívoli" de Antón Reixa, "Volver" de Pedro Almodóvar e "Ecos", ópera prima do catalán Oriol Paulo. 

Esta presenza continua en diversas longametraxes compaxínase co seu incansable labor de contador, narrador, monologuista nos pequenos escenarios, con espectáculos nos que está presente a narración tradicional, a improvisación, o humor, a poesía, a música, o compromiso e moitos outros ingredientes que compoñen espectáculos áxiles, frescos e intelixentes. Ademais, Carlos Blanco traballou como xornalista na Radio Galega durante dez anos.

Como é habitual ao remate da TERTULIA, aberta ao público, terá lugar unha cea co convidado no mesmo Pazo da Escola, as persoas interesadas en asistir á cea poden facer a súa reserva chamando ao telefono 629 890 320.