O próximo mércores 20 de xullo realizarase a segunda das visitas-guÃadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. Nesta ocasión trátase dun percorrido polo elemento xeográfico e morfolóxico máis significativo da Vila de Baiona, a PenÃnsula de Monte do Boi.
A visita realizarase atendendo a dous aspectos: o histórico e patrimonial, que será comentado polo arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, director da sección de Prehistoria e ArqueoloxÃa do Instituto de Estudos Miñoranos, e o botánico, dado o especial interese da flora de beira mar que alà se concentra. Este segundo aspecto será comentado polo botánico Xosé Ramón GarcÃa MartÃnez.
A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será ao pé do Monumento a Afonso VIII, na entrada do Parador de Turismo.
Lembramos tamén que nos locais da CapitanÃa MarÃtima de Baiona continúa aberta a exposición â??Os nomes do marâ?? organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos, e que o xoves dÃa 21, no ámbito desta exposición, ás 20:30, pronunciara unha conferencia Francisco DÃaz Guerrero sobre â??Os naufraxios no mar de Baionaâ??.
AS XEIRAS Verán 2005 DO IEM
Todas as saÃdas ás 18 h.
Data | SaÃda | GuÃa | Punto de encontro |
13 xullo mércores | Petroglifos do monte Tetón | Rosa Villar | Casa do concello de Gondomar |
20 xullo mércores | Visita histórica e botánica Monte do Boi | Xosé Ramón | Estatua Alfonso VIII |
27 xullo mércores | Visita a Monteferro |
| Residencia Patos |
3 agosto mércores | Pazos de Gondomar | Alfonso Soliño | Cruceiro Mañufe |
10 agosto mércores | A fraga de Oliveira* | Xilberte Manso | Praza SabarÃs |
17 agosto mércores | Igrexa de Donas | Xosé Lois Vilar | Casa do concello Gondomar |
24 agosto mércores | Serra do Galiñeiro* | Antonio Lago | Casa do concello Gondomar |
*As saÃdas indicadas, especialmente a da serra do Galiñeiro, teñen unha certa dificultade fÃsica.
Organiza:IEM
Colabora: Cultura Gondomar e Cultura Baiona.