A Agrupación Musical de Vincios abre concurso para renovar a súa imaxe corporativa.

Imprimir
agrup vincios
Download this file (Bases logo (2).pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Alguén terá que atreverse a facelo: un logotipo que represente a "natureza e espírito" da Agrupación Musical de Vincios. O reto implica achegar unha identidade gráfica e corporativa a unha das institucións culturais máis senlleiras do concello de Gondomar. Para iso foron publicadas as bases dun concurso aberto e controlado pola agrupación, de onde un xurado multidisciplinar escollerá o logotipo que actualizará a imaxe do instrumento musical que acompaña o colectivo fundado en 1978. O prazo para presentar propostas vence o vindeiro 29 de febreiro e as bases poden descargarse no arquivo axunto a esta nota.


A Asociación concederá o gañador do concurso un diploma ou certificado do mérito acadado, unha compensación económica de 100,00€ e un ano de exención do pago da sociedade.

Attachments:
File
Bases Logo AMV