Gondomar, o son do río

Imprimir
Pulsa aqui para ver la imagen a tamaño completo ============== Rondalla. GondomarDende o inicio das súas actividades o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)  tivo unha permanente preocupación pola imaxe fotográfica. Baste con lembrar que a primeira actividade pública do IEM foi a exposición O Val Miñor nos albores do século XX, que por certo acaba, seis anos despois da súa inauguración, acaba de estar colgada nas paredes do Centro Cultural da parroquia gondomareña de Vilaza. Nela recóllense máis de sesenta fotografías do Val, a inmensa maioría no primeiro tercio do século XX.

Dende aquel momento o IEM puxo en marcha o Arquivo da Imaxe e do Son do Val Miñor, que dirixe a profesora �nxeles Bouzó. O traballo constante foi dando lugar a un arquivo fotográfico, de características que poderíamos denominar histórico, que supera, en moito, o milleiro de imaxes. Deste fondo, que afortunadamente vai en aumento, tirouse un primeiro traballo en forma de libro: Imaxes para a memoria. Nel deseñouse un formato: unha foto dos primeiros anos do século XX comentada por un veciño ou veciña do Val Miñor de comezos do século XXI. Foron pois case sesenta fotos e sesenta textos. O libro tivo unha enorme acollida. Esa aceptación foi a que empurrou ao Arquivo da Imaxe e do Son do IEM a repetir o formato fotografía-texto, coa edición o pasado ano de Baiona nas ondas do tempo, naquela ocasión recolleronse 65 fotografías acompañadas cada unha delas do seu correspondente texto.

Un ano despois presentamos o terceiro dos traballos Gondomar, o son do río. Son 84 imaxes do Gondomar dos primeiros anos do século XX acompañadas cada unha do seu texto.

Cumpre destacar o traballo do membro do IEM e director da Sección de Patrimonio do mesmo, Alfonso Soliño, gondomareño de nación e vocación, quen posibilitou en grande medida a realización desta obra.

O acto de presentación desta nova publicación do Instituto de Estudos Miñoranos: Gondomar, o son do río, terá lugar o 8 de xullo, venres, ás 20 h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar. No mesmo participaran: Carlos Méixome, director do IEM, Xosé Luís Mosquera, Concelleiro de Cultura, e Carlos Silva, Alcalde de Gondomar.

Neste acto actuaran tamén o grupo de música tradicional OS TERRIBLES DE DONAS e a BIG BAND da Banda de Vincios.

Instituto de Estudos Miñoranos  http://www.minhor.org/