Tertulias do IEM con Miguel Barros Puente

Imprimir
Continua a desenvolverse o ciclo de TERTULIAS DO IEM: O autor e a súa obra deste curso 2004-05. A quinta das tertulias deste curso 2004-05 terá lugar o próximo venres 4 de febreiro de 2005, ás 20:30 h. no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar.

Miguel Barros Puente. O conferenciante será presentado polo pedagogo e tamén concelleiro do mesmo partido en Baiona Rafael Lores Rosal

Miguel Barros Puente naceu en Cotobade, Pontevedra en 1944. Dende hai moitos anos reside na cidade de Vigo. Realizou estudos de Maxisterio, profesión que exerceu durante moito tempo tanto no Val Miñor como en colexios de Vigo. A súa dilatada traxectoria política levouno a ser Secretario do PS de G â??PSOE no Val Miñor e en Vigo, en varias ocasións. Foi deputado no Parlamento Galego na primeira lexislatura e desempeñou cargos de máxima responsabilidade no PS de G â??PSOE.

Ultimamente presidiu a comisión xestora do PS de G- PSOE de Vigo e na actualidade é concelleiro por este partido no concello de Vigo.

Como sempre ao remate da conferencia-coloquio, aberta ao público, celebrarase unha CEA co conferenciante, no mesmo Pazo da Escola, previa reserva que se poderá facer no 629 890 320.