Aberto o prazo para participar na XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar

Imprimir
Estatua Diego Sarmiento de Acuña en Gondomar - By-SA HombreDHojalata

Segue aberto o prazo para participar na XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar
Poderán participar todos os mozos/as do Val Miñor que teñan entre 10 e 20 anos ata o 13 de abril

A concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós, vén de convocar un ano máis, o Premio Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.
Nesta XI edición, establécense dúas modalidades, Poesía e Relato Curto. Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.

Os e as participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra escrita en galego, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse, antes do día 13 de abril, ás Oficinas Concello de Gondomar (Rexistro), na seguinte dirección: Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar.

Todos os interesados/as que desexen maior información terán que dirixirse ao propio concello para consultar as bases do certame.