Mércores, 17 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Asociación de Amigos de Lisboa

Asociación de Amigos de Lisboa

Correo-e Imprimir PDF
O próximo xoves 25 de marzo e o venres 26, no seu Camiño cara Compostela pararán en Baiona un grupo de trinta persoas integrantes da ASOCIACIÃ?N AMIGOS DE LISBOA, entre os que estará o seu presidente o doutor Carlos Consiglieri. Nestas súas horas de  estancia miñorana realizaranse uns actos de convivencia organizados polo INSTITUTO DE ESTUDOS MIÃ?ORANOS en colaboración con Manuel Carrera da taparía FAVA RICA de Baiona.

O programa de actos é o que continuación se sinala:

           

            O acto do xoves 25 iniciarase sobre as 20 h. e en torno ás 21 h. darán comezo as intervencións que serán presentadas polo Director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome. Despois da lectura dun poema rosaliano a cargo de Bárbara Pereira Meneses, intervirá Hortensia Martínez en representación do Centro Galego de Lisboa.

           

            A continuación farao o  Presidente da Asociación de Amigos de Lisboa o Doutor Carlos Consiglieri quen disertará sobre â?? Os galegos en Lisboaâ??. A este responderalle o Prof. Agostiño Nieto, en representación do Instituto de Estudos Miñoranos, quen falará sobre â??Camos e Camõesâ??.

 

            O acto rematará despois da lectura do Canto primeiro de â??Os Lusíadasâ?? por parte de Silvia Penas, coa intervención de Manuel Carrera.

 

            O venres 26, pola mañá, os amigos lisboetas cursarán unha visita a Camos, terra orixinaria  do poeta nacional portugués Luís de Camões, para a continuación regresar a Baiona a fin de coñecer a Igrexa de Santa Liberata, a Colexiata de Baiona, o antigo Hospital de Sancto Spiritu, a casa do Concello onde serán recibidos polo Sr. Alcalde e rematar o percorrido na Praza de Pedro de Castro ou Praza da Froita.