Marzo teatral en Nigrán

Imprimir
O grupo de teatro Tranghallada de Nigrán

A Concellería de Cultura continúa co ciclo de teatro, denominado "Teatro do Miñor", onde os gruops de teatro da comarca  representarán as súas obras actuais durante o mes de marzo:  Tranghallada teatro de Nigrán pechará o ciclo o día 29 de marzo ás 21.30horas, no Colexio de Panxón, coa comedia "Algo anormal ocorre no hospital".

TRANGHALLADA TEATRO (Nigrán)

COLEXIO PÚBLICO INTEGRADO DE PANXÓN
29 de Marzo, Sábado, ás 21:30 h.

ALGO ANORMAL OCORRE NO HOSPITAL


Áceda comedia enmarcada no teatro do absurdo. A través dun conxunto de personaxes, a autora fai unha crítica despiadada do sistema hospitalario. Médicos, enfermeiros e pacientes mesturan sentimentos persoais, ambicións profesionais e monetarias para así conseguir os seus propios obxetivos na vida.
O fio conductor da obra son un conxunto de papeis que todos os personaxes ambicionan e que levarán ao espectador cara un final sorprendente.

ELENCO:
Teresa Gómez, Abraham Fernández, Gabriel Fernández, María de las Llanderas, Hugo Rodríguez e Javier Fernández.
DIRECCIÓN: Andrés Rodríguez
AUTOR: Susana Sánchez

FICHA ARTÍSTICA:

Xénero: comedia
Adaptación: Andrés Rodríguez
Traducción: Tranghallada
Escenografía: Tranghallada
Iluminación: Tranghallada
Son: Tranghallada
Vestiario: Tranghallada
Música: Tranghallada
Idioma: galego
Duración: 1h15´
Público preferente: Adulto

 

Máis información sobre este grupo

VICHELOCREGO TEATRO (Gondomar)

Casa da Cultura de Camos
8 de Marzo, Sábado, ás 21:30h.


SPOT

¿É verdade que oito de cada dez persoas teñen sarro?
¿Pódese superar unha dolorosa separación comendo Fabada Litoral?
¿Pode Cucal acabar definitivamente co Chucha Sangues?
¿Por qué a Semana Fantástica del Corte inglés dura quince días?
¿Poden os Werther´s Original cambiar a súa vida?
¿Son suficientes Dez ao día de Micebrina para que un home xa xogue nas distancias cortas?
¿O ouro reflexa en ti os meus sentimentos?
¿Loewe a gusto de todos?
¿A qué cheira o aire, a qué sabe a música?
¿Fan revivir aos morto as lápidas de Mármore de Carrara?
Preste atención; estes e outros transcendentais enigmas seranlle revelados en SPOT.
Ollo, non se durma: no teatro non hai moviola.
¡¡Radiola!!
Goce asistindo á representación en galego da divertidísima comedia adaptada do catalá por VICHELOCREGO TEATRO

ELENCO:
Aida Costas, Antonio Álvarez, Beatriz Núñez, Begoña Míguez, Carlos Muñoz, Lara Martínez, Luz López, Manolo Dacosta, Nieves Costas, Noa Carrera, Pepe Paraños, Pepe Souto, Senen Costas, Vanesa Estévez, Verísimo Pazos.
DIRECCIÓN:
Marga Cachaza
AUTORES:
Carles Alberola e Roberto García

FICHA ARTÍSTICA:


Xénero: comedia
Adaptación: Vichelocrego
Escenografía: Vichelocrego
Iluminación: Vichelocrego
Son: Vichelocrego
Vestiario: Vichelocrego
Música: Vichelocrego
Idioma: galego
Duración: 1h30´
Público preferente: Tódolos públicos

Máis información sobre este grupo



NON SI? TEATRO (Baiona)

IES Escolas Proval
15 de Marzo, Sábado, ás 21:30 h.

PIC NIK


Unha soldado asustada no medio do campo de batalla dunha guerra calquera e nuha época por determinar porque por desgraza, as guerras nunca pasan de moda. Uns pais dispostos a pasar un marabilloso e feliz domingo facendo un pic-nic para a súa filla, coa de tribulacións que debe estar a pasar a pobriña na guerra. Unha inimiga despistada que pasaba por alí e topa cunha familia agradable que tras capturala convídana a comer.
Pic- Nic é un alegato contra as guerras e o seu absurdo, feita dende a ternura, a inocencia e o absurdo do clown.

ELENCO: Zapo: Marian Silva / Señor Tepán: Javier Fernández / Sra Tepán: Xiada Sanlé/ Zepo: María García / Camilleiros: Xosé Reguera e Gregorio Saavedra
TRADUCCIÓN E DIRECCIÓN: Mónica Sueiro
AUTOR: FERNANDO ARRABAL

FICHA ARTÍSTICA:

Escenografía, luces, vestiario e son: Mónica Sueiro
Mezclas son: Hugo Rodríguez
Deseño gráfico: fourfreeminds
Fotografía: Cesar Carballo
Idioma: galego
Duración: 45 minutos
Público preferente: Tódolos públicos