II Serán en Viladesuso (Oia) organizado polo grupo Fiada.

Imprimir
Mañan sábado terá lugar na parroquia de Viladesuso (concello de Oia) un serán organizado polo grupo “A Fiada” da citada parroquia. Este II Serán comezará ás 21:00 e nel actuarán unha boa chea de grupos do Baixo Miño e o Val Miñor, ademais dalgúns grupos de Pazos de Borbén e de Vigo

 Entre os grupos convidados están A Boalleira, Percamiños, Petóns e Xamaraina da Guarda; Airiños do Tamuxe, Tralo Mosteiro e o grupo organizador A Fiada de Oia; o grupo da Asociación Veciñal de Fornelos e Ir e Vir do Rosal; As cascarillas e Os Garabullos de Baiona; Agarimos, A Merced, e Os Terribles de Donas de Gondomar; Os Amigos e a Escola de Danza de Pazos de Borbén; as Pandereteiras Trécolas de Vigo, e algún grupo mais de Vigo e Tui.

Ademais de música popular haberá chourizos, viño, refrescos e roscón para degustar e animala festa. Así pois, convidamos e animamos a todos aqueles que gusten da boa música tradicional galega a pasarse por Viladesuso e participar da festa.

A organización colocará unha carpa cubrindo o terreiro da festa.